A Deputación da Coruña entrega os Premios Rosalía de Castro de Lingua

Os galardóns inciden na "dignificación" do galego.
'Pakolas', Borxa González, Soledad Agra, Daniel Romero e María Xosé Fernández. (Foto: Arxina)
photo_camera 'Pakolas', Borxa González, Soledad Agra, Daniel Romero e María Xosé Fernández. (Foto: Arxina)

O Museo do Pobo Galego acolleu esta cuarta feira a gala de entrega dos Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña, un acto que contou coa intervención da deputada de Lingua na institución provincial, Soledad Agra, e coa actuación musical do grupo Momboi. Os galardóns recoñeceron nesta edición o labor de catro propostas premiadas na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galiza.

Pakolas. Rock infantil e familiar en galego, na categoría de iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade; o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, ex aequo na categoría de entidades, e o técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas, son as catro propostas gañadoras nesta XIV edición dos premios.

O xurado estivo conformado por María Canosa Blanco, gañadora na categoría de persoas da anterior edición; Irimia Fernández, gañadora na categoría de iniciativas de dinamización tamén en 2022; e por María Alicia Fernández Rodríguez, representante de AELG, entidade que tamén resultara gañadora no pasado ano.

Comentarios