Cal foi para ti a 'Palabra do Ano' 2023? Podes votar pola túa favorita desde hoxe

Nas edicións anteriores foron elixidas 'comadre' (2022), 'tanxugueiras' (2021), 'nós' (2020), 'sentidiño' (2019) 'deseucaliptización' (2018), 'afouteza' (2017), 'irmandade' (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, 'refuxiado, -a' (2015) e 'corrupción' (2014).
Estas son as seis palabras finalistas para 2023.
photo_camera A votación preliminar abriu hoxe.

A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abriron esta segunda feira a campaña para a elección popular da 'Palabra do Ano 2023', na que se poderá participar desde hoxe mesmo e até o domingo 10 de decembro. Desta fase de suxestións, que promoven tanto a Academia como a Fundación Barrié desde o ano 2014 a través da web para a difusión do léxico galego 'Portal das Palabras' —nesta ligazón—, sairán os vocábulos finalistas que serán levados a votación popular entre a terza feira 12 de decembro e a segunda 25, día de Nadal.

Esta campaña pretende identificar voces que incidan en cuestións destacadas da conversación pública do último ano, que o sinteticen ou estean relacionadas con algún novo fenómeno ou preocupación. En ocasións, estas palabras poden ser neoloxismos, pero tamén poden estar presentes na lingua desde tempo atrás, e permiten "despedir simbólicamente o ano e recibir o que está a piques de comezar".

O proceso para a elección da 'Palabra do Ano' consta de tres fases, no que as que as persoas que participen serán a máxima autoridade. A primeira, que se atopa agora mesmo aberta, céntrase na elección de vocábulos; a segunda, do 12 ao 25, someterá a votación temática os termos máis significativos e repetidos da primeira fase, e na terceira, após as festas de Nadal, darase a coñecer a palabra gañadora.

Nas edicións anteriores foron elixidas 'comadre' (2022), 'tanxugueiras' (2021), 'nós' (2020), 'sentidiño' (2019) 'deseucaliptización' (2018), 'afouteza' (2017), 'irmandade' (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, 'refuxiado, -a' (2015) e 'corrupción' (2014).

Comentarios