BNG e PSdeG comprometen o seu apoio á ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

Confirmáronllo ao presidente da Mesa nunha rolda de xuntanzas que está a ter cos diferentes grupos do Parlamento de Galiza

mesa BNG

O BNG e PSdeG anunciaron o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que promove a Mesa e pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais. Unha ILP que xa supera as 25.000 sinaturas de apoio. A Mesa inicia esta semana diferentes contactos institucionais para a toma en consideración no Parlamento da ILP. Esta segunda feira, o presidente da entidade, Marcos Maceiras, reuniuse con delegacións de BNG e PSdeG.

mesa psoe

As deputadas do Bloque Nacionalista Galego Olalla Rodil e Montse Prado comunicaron ao presidente da Mesa o seu voto favorábel cara a este iniciativa. Do mesmo xeito a deputada socialista Concepción Burgo comprometeu o voto favorábel do seu grupo para que esta iniciativa lexislativa saia adiante.

Maceira seguirá a súa rolda de contactos esta cuarta feira co Secretario Xeral de Política Lingüística (SXPL), e o presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP) e ás 16:30 co grupo parlamentar do Partido Popular.

Comentarios