Asociación de Docentes de Portugués en Galiza e Tuenti Technologies, premiados con Vía Galego e Abertos ao Galego

Os galardóns entregaranse nesta cuarta feira nun acto que se vai realizar no Pazo da Pedreira de Pontevedra
galego

O galego é nestes días unha língua de premio. Así, opremio Via Galego vai para a Asociación de Docentes de Portugués en Galiza e o de Abertos ao Galego para Tuenti Technologies.

A principal rede social da xente nova, Tuenti, incorporou o galego como unha opción normal hai uns anos, que escollencada día miles de [email protected] Esta unión de mocidade e novas tecnoloxías fixeron que a primeira edición do premio Abertos ao Galego, outorgado pola Mesa pola Normalización Lingüística, vaia recaer na candidatura presentada por esta empresa nova e con fortísima proxección social.

A asociación de Docentes de Portugués en Galiza realiza un importante labor formativo e divulgativo sobre as opcións do ensino do portugués en Galiza. Ademais, o xurado do premio Via Galego considerou que unha entidade como a DPG que promove o ensino do portugués contribúe a paliar a falta de coñecemento e comunicación cos outros territorios do sistema lingüístico a que pertencemos.

 O acto de entrega dos premios terá lugar esta cuarta feira en Pontevedra.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios