VÍDEO

O actor Viggo Mortensen faise 'viral' apoiando o galego

"As linguas son o tesouro dos pobos", salienta.
O actor Viggo Mortensen, en Donostia, cando foi premiado no Zinemaldia en 2020. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press)
photo_camera O actor Viggo Mortensen, en Donostia, cando foi premiado no Zinemaldia en 2020. (Foto: Raúl Terrel / Europa Press)

O popular actor estadounidense —con raizame dinamarquesa— Viggo Mortensen súmase á campaña 'Aquí tamén se fala' posta en marcha polo IES Rafael Dieste da Coruña para fomentar o uso da lingua galega. Trátase dunha campaña de dinamización lingüística deseñada por e para a mocidade e que xa se estendeu a centros educativos de toda Galiza.

No perfil de Instagram da campaña pode visualizarse un vídeo no que o actor defende as diferentes linguas do mundo como "o tesouro dos pobos". "Por iso hoxe, en Galicia, onde estea, tamén falo galego", dixo Mortensen.

Non é a primeira vez que o actor mostra o seu afecto cara á lingua galega, pois o pasado mes de novembro recitou algúns dos seus poemas en galego no evento 'Poetas Di(n)versos', decorrido no centro Ágora da Coruña en compañía de Xosé Iglesias.

Comentarios