Seis millóns de sinaturas, tantas como persoas desempregadas, piden a demisión "en bloque" do Goberno español

Unha petición rexistrada no portal web Change.org apela ao "sistemático" incumprimento do programa electoral por parte do PP español para exixir a convocatoria de eleccións


Seis millóns 202 mil 700 sinaturas. Unha por cada persoa que fai parte das estatísticas do desemprego no Estado español. Son as que pretende conseguir unha petición rexistrada no coñecido portal web Change.org para exixir a demisión da equipa de goberno que encabeza Mariano Rajoy e a convocatoria de eleccións.

En campaña electoral o PP prometeu acabar co paro, que achacou sempre ás políticas implantadas polo PSOE. Porén, na rolda de imprensa posterior ao Consello de ministr@s desta sexta feira o titular do Executivo español recoñeceu que a lexislatura pechará cunha taxa de desemprego que se situará tres puntos por riba da que el atopou cando entrou na Moncloa. 

"Non necesitamos solucións ideolóxicas", sinala a petición rexistrada, que achaca ao PP español o incumprimento "sistemático" do seu programa electoral. 

Comentarios