A sanidade galega sae a rúa para protestar contra os ataques israelís aos hospitais de Gaza

A solidariedade con Palestina volveu saír este sábado a rúa. Neste ocasión, o persoal sanitario expresou o seu rexeitamento ao xenocidio en Gaza diante do CHUS de Compostela e do Álvaro Cunqueiro en Vigo.

anitarios_asociaciones_defensa_palestina_concentran_frente_hospital
photo_camera Concentración diante do CHUS en solidariedade con Palestina. (Foto: Europa Press).

As portas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolleron na maña deste sábado 23 a mobilización de ducias de persoas en solidariedade con Palestina.

O persoal sanitario veu a ser nesta ocasión o protagonista desta nova expresión de solidariedade con Palestina. Precisamente, a comunidade palestina galega conta entre os seus membros cun número significado de sanitarios, particularmente médicos.

As mobilizacións desta maña en Compostela e Vigo convocáronse "en repulsa aos ataques a hospitais, centros de saúde, ambulancias, escolas médicas e persoal sanitario" en Palestina por parte do Estado de Israel.

Os asistentes aos actos convocadas por Mar de Lumes, Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza e Galiza por Palestina corearon consignas como 'Israel asasina, Europa patrocina', 'Os hospitais de Gaza non son unha ameaza' e 'Bombardear un hospital é un acto criminal'.

As concentracións, que contaron co apoio de formacións políticas como o BNG e sindicatos como a CIG remataron coa lectura dun manifesto onde se expresaba o "apoio e solidariedade" aos sanitarios palestinos do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

"Un crime de guerra"

O chamado lido ao remate das mobilización sinalaba que o bombardeo de ambulancias e hospitais "é un crime de guerra" que converte “en vítimas ás persoas que teñen que coidar e socorrer ás vítimas do xenocidio contra o pobo palestino".

O manifesto afirmaba que os crimes contra o persoal e as infraestruturas sanitarias "non poden quedar caladas" e denunciaba os máis de 250 ataques lanzados polo Estado de Israel contra centros sanitarios en Cisxordania e Gaza.

O comunicado concluía condenando  as "políticas de apartheid e a violencia tanto física como simbólica, psicolóxica e económica do estado se Israel contra a poboación árabe de Palestina".

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios