Puigdemont anticipará as eleccións, que serían o 20 de decembro

Nun xiro de última hora, o president disolve o Parlament, que non se reunirá esta tarde como estaba inicialmente previsto.

parlament catalunya @govern
photo_camera parlament catalunya @govern

Carles Puigdemont convocará eleccións cataláns perante a inminente implicación do artigo 155 da Constitución por parte do goberno español. A decisión, unha reviravolta de última hora nestes días de vertixe informativa sobre Catalunya, coñécese cando o president leva reunido desde as dez da mañá cos integrantes o Govern e de Junts pel Sí. As eleccións serían o 20 de decembro.

A noticia adiántaa Nació Digital, que consultou diversas fontes, sinalando que a convocatoria é a opción que Puigdemont transladou xa a Govern e deputados do seu grupo parlamentar, JxS. Algunhas fontes indican que a convocatoria de eleccións sería a cambio de que se retirase o 155.

ERC sairá do Govern se se convocan eleccións. A Executiva de 'ERC decidiu que o vicepresidenet do Govern, Oriol Junqueras, os consellers por este partido e altos cargos de Esquerra dimitirán dos seus postos se  Carles Puigdemont finalmente opta por convocar eleccións.

Após a xuntanza desta quinta feira, que rematou ás dúas da madrugada, a declaración de independencia era a opción que tiña máis posibilidades. Porén, as tornas cambiaron e a baza é eleccións anticipadas. Diversas fontes apontan á importancia dopapel xogado polo lehendakari, Iñigo Urkullu, nesta virada.

A convocatoria de eleccións era defendida por un sector de PDEcat, mais tiña a oposición de Esquerra e da CUP. 

Comentarios