Farha é un filme da directora Darine Sallam e foi estreada a comezos do mes de decembro na plataforma de contidos audiovisuais Netflix.
A trama, baseada nunha historia real, mostra as milicias sionistas israelís matando ou desprazando centos de millares de palestinos durante a Nakba ("A catástrofe").
En concreto, a peza audiovisual mostra a historia dunha nena de 14 anos de idade que se ve forzada a presenciar o asasinato da súa familia mentres se agochaba das milicias sionistas.
"Tratar a raíz do conflito"
A directora do filme dixo que a intención á hora de facelo é "tratar a raíz do conflito e que se saiba sobre a ocupación israelí de territorios palestinos".
“A historia viaxou ao longo dos anos para chegar a min quedou comigo. Cando era nena, tiña este medo aos lugares fechados e escuros e non deixaba de pensar nesta nena e no que lle pasou”, dixo Sallam a Arab News.
A 'Nabka'
A Nabka viu como, polo menos, 750.000 palestinas e palestinos foron desprazados pola forza dos seus fogares. Un gran número das persoas palestinas forzadas a marchar foron tamén violadas, ameazadas de morte ou mesmo asasinadas.
O día da Nabka é o día en que os palestinos conmemoran o inicio do éxodo (a creación do estado de Israel). Celébrase o 15 de maio e é a data conmemorativa máis importante do calendario palestino, sendo conmemorado con protestas e celebracións tamén noutros lugares fóra de Palestina.