Novo tiroteo nos Estados Unidos durante a celebración do 4 de xullo: reportan, cando menos, 6 mortos

Polo de agora o tirador non estaría arrestado, segundo sinalan algúns medios locais.
Unha das persoas feridas no tiroteo desta segunda feira. (Foto: CNN+)
photo_camera Unha das persoas feridas no tiroteo desta segunda feira. (Foto: CNN+)

Fontes policiais e medios de comunicación reportaron un novo tiroteo en Estados Unidos (EUA). Ocorreu esta segunda feira en Highland Park, no Estado de Illinois, durante a celebración do 4 de xullo, Día da Independencia dos EUA.

O xornalista Aditya Raj Kaul compartiu no seu Twitter imaxes do momento no que se produciron os disparos. Nelas poden escoitarse varias detonacións mentres ten lugar o desfile. A continuación, todas as persoas alí presentes saen correndo para resgardarse do tirador ou tiradores.

Polo de agora están confirmadas seis persoas falecidas, mais varias testemuñas afirman que viron, "bastantes persoas" ensanguentadas no chan sen moverse.

A Policía estatal de Illinois informou que xa está a colaborar cos autoridades de Highland Park para facer fronte a unha "situación de tiroteo activo", e pediu á poboación da localidade que non pasen pola zona onde tiveron lugar os disparos.

A pesar de que non hai confirmación ao respecto, algúns medios informan que o tirador non foi arrestado aínda, e deron unha descrición da súa vestimenta, así como da mochila de estilo militar no que este tería escondido a arma empregada.

Novo tiroteo nos EUA

A organización non gobernamental norteamericana The Gun Violence Arquive (GVA) indicou a pasada semana que no que ía do ano en curso rexistráranse 293 tiroteos masivos nos EUA.

“Houbo 293 tiroteos masivos estadounidenses en 35 Estados diferentes (e Washington DC) nos 179 días de 2022”, expuxo GVA. Tanto é así que tan só en 15 dos Estados dos EUA non se produciu ningún incidente destas características en 2022.

As escolas dos EUA son os sitios onde máis incidentes deste tipo se rexistran, pois segundo a mesma ONG, nos últimos 10 anos polo menos 900 escolas experimentaron tiroteos

Comentarios