293 tiroteos masivos nos EUA en 2022

Nas últimas horas unha muller e dúas crianzas foron vítimas de disparos.
As escolas son o principal escenario dos tiroteos masivos nos EUA. (Foto: Nós Diario)
photo_camera As escolas son o principal escenario dos tiroteos masivos nos EUA. (Foto: Nós Diario)

A organización non gobernamental norteamericana The Gun Violence Arquive (GVA) indicou esta semana que no que vai do ano en curso rexistráronse 293 tiroteos masivos nos EUA.

“Houbo 293 tiroteos masivos estadounidenses en 35 Estados diferentes (e Washington DC) nos 179 días de 2022”, expuxo GVA. Tanto é así que tan só en 15 dos Estados dos EUA non se produciu ningún incidente destas características en 2022.

As escolas dos EUA son os sitios onde máis incidentes deste tipo se rexistran, pois segundo a mesma ONG, nos últimos 10 anos polo menos 900 escolas experimentaron tiroteos

Novas vítimas

Dous novos sucesos relacionados coa proliferación das armas no territorio dos Estados Unidos de América (EUA) remataron con falecementos nas últimas horas.

No Estado de Florida, un neno de 8 anos "xogaba" coa pistola do seu pai na habitación dun hotel e terminou matando a unha nena dun ano e ferindo a outra de dúas, ambas as fillas da parella do seu proxenitor.

O pai, de 45 anos, foi detido con cargos de neglixencia na posesión dunha arma de fogo. Posteriormente, as autoridades informaron da súa posta en liberdade tras abonar unha fianza de 41.000 dólares.

Tamén durante as últimas horas, unha muller morreu tras recibir un disparo na cabeza mentres levaba un carriño de bebé na zona de Upper East Side, na cidade de Nova York.

Unha investigación preliminar mostra que a vítima, de 20 anos, estaba a pasear o bebé, de tres meses, cando un home, que vestía todo de negro con suadoiro e pantalóns de chándal, achegouse por detrás e disparou á muller na cabeza a pelacorpo.

O alcalde de Nova York, Eric Adams, declarou que "cando unha nai está a empuxar un carriño de bebé pola rúa e recibe un disparo a pelacorpo, demóstrase como este problema nacional está a afectar ás familias".

Comentarios