Noutro referendo catalán gañaría o “sí” á independencia

Segundo publica Electomanía, unha sondaxe propia indica que o independentismo catalán gañaría outro referendo na actualidade. Ademais, máis de 70% do voto independentista apoia a desobediencia nesa circunstancia.

Diada Catalunya Manifestación ANC
photo_camera Diada Catalunya Manifestación ANC

Unha nova sondaxe de Electomanía afirma que o independentismo catalán gañaría se hoxe se realizara un referendo en Catalunya.

Segundo os datos que facilitan e que fixeron públicos, un 49,7% da poboación con dereito a voto estaría a favor; un 45,3% en contra e quedaría un 5%, de votantes indecisos.

A sondaxe tamén detalla que un 64,7% apoiaría unha consulta sobre a independencia, mentres que un 32,7% estaría en contra.

Analizando os resultados por partidos, indícase que o voto de ERC, CUP, Junts, Unides Podem e Centrem son os máis favorábeis a unha consulta, mentres que Vox, Ciutadans, PP, Valents e PSOE estarían na súa maior parte en contra.

Máis de 70% do voto independentista apoia a desobediencia

A sondaxe tamén sinala que máis de un 70% de independentistas participarían en accións pacíficas de desobediencia

En relación á posición diante un posíbel referendo, entre o voto de Junts, un 98,1% estaría a favor da independencia, seguido do voto da CUP e ERC, cun 97,9% e un 96,7%, respectivamente. O voto de Centrem tamén darían o seu apoio cun 87%.

Pola contra, un 69,8% do voto de Unides Podem estaría en contra da independencia, seguido do PSOE e Valents, cun 95,2% e un 95,1%, respectivamente.

Non lonxe estaría o voto de Ciutadans, PP e Vox, cun 96,2%, un 93,8% e un 96,4%, respectivamente, contra a independencia.

Comentarios