Milei ofrece a Bullrich o Ministerio de Seguridade da Arxentina se gaña

A centrista Facemos Polo Noso País pode ser determinante.
Javier Milei na madrugada do domingo á segunda feira. (Foto: Igor Wagner / DPA)
photo_camera Javier Milei na madrugada do domingo á segunda feira. (Foto: Igor Wagner / DPA)

Despois dos ataques durante a campaña da primeira volta das presidenciais na Arxentina de Javier Milei (da extrema dereita da Liberdade Avanza) contra a conservadora Patricia Bullrich (Xuntos polo Cambio) polo seu pasado progresista, na madrugada da segunda á terza feira a axencia Télam confirmou que lle ofreceu dirixir de novo o ministerio de Seguridade no caso de imporse na segunda volta de novembro, na que se enfrontará ao progresista Sergio Massa (Unión pola Patria).

Bullrich ocupara ese cargo entre 2015 e 2019 durante o mandato de Mauricio Macri, que tamén desenvolveu conversas con Milei. Así e todo, o candidato de ultradereita mantivo as críticas á Unión Cívica Radical, unha das formacións de Xuntos polo Cambio e considerada a máis afastada a Milei da coalición.

No que atinxe a Massa, que obtivo o maior número de votos na primeira volta, prevese que reciba o apoio da Fronte de Esquerda, mais aspira a conseguir tamén o de Facemos Polo Noso País, unha coalición con forzas de posicións ideolóxicas diversas encabezadas por Juan Schiaretti, gobernador de Córdoba e peronista non kirchnerista.

Comentarios