60.000 persoas aínda se atopan á espera de recibiren axuda en Mozambique logo da devastación provocada polo ciclón Idai, que golpeou o país e mais Cimbabue e Malaui a semana pasada. Arrasou, segundo o diario O Pais, o 90% da cidade de Beira, que en 2017 contaba con 543.000 habitantes.
O ciclón provocou o falecemento de 202 persoas e son 268 o total de vítimas mortais desde que comezou a temporada de chuvias en Mozambique. Porén, témese que a cifra aumente. O presidente do país, Filipe Nyusi, chegou a sinalar que o número de mortas e mortos podería chegar a ser superior ás mil.
O deputado Juliano Picardo, quen visitou Beira, afirmou que as cifras de vítimas “non son correctas”. “Todos os días aparecen cadáveres”, advertiu.
Apenas ficaron en pé vivendas no municipios tras os refachos de máis de 200 quilómetros por hora.