Máis de 200 falecidos no terremoto de 7,1 que abalou México

Máis de 20 crianzas morreron nunha escola que se derrubou en Cidade de México.

mexico sismo @lopezdoriga
photo_camera @lopezdoriga

Apenas dúas semanas despois do terremoto de máis de 8 graos que o 7 de setembro sacudira México, provocando máis dun cento de mortos; un novo sismo  afectou o país centroamericano. Desta volta, de 7,, afectando Cidade de México e outros catro estados. O epicentro rexistrouse entre os límites de Morelos e Puebla e danou gravemente a capital.

Era a unha e cuarto da tarde hora local -oito e cuarto, hora peninsular-. Medio cento das vítimas mortais rexistráronse en Cidade de México, onde caeron máis de corenta edificios e moitos quedaron gravemente danados. Polo menos 20 crianzas e dous adultos perderon a vida ao se derrubar unha escola de primaria. Hai tamén por volta de corenta persoas desaparecidas.  En Puebla desaloxaron quince mil persoas. Dúas horas antes do terremoto realizárase un simulacro conmemorativo do forte sismo que hai agora xusto 32 anos deixara dez mil mortos, a peor traxedia sísmica do país.

O presidente Enrique Peña Nieto, convocou o Comité Nacional de Emerxencias para avaliar a situación no país e anunciou o despregamento de tres mil militares na capital, que unidos á Protección Civil e voluntarios buscan sobreviventes entre os cascallos. 

Comentarios