Exército israelí xustifica disparar a xornalistas porque son ‘’usados como escudos humanos por Hamas’’

Os bombardeos sobre Shahaiya matan a un cámara de TV. Hai uns días, Israel atacou un vehículo claramenmte identificado como de prensa, matando a unha persoa e ferindo a oito.

Un neno
photo_camera Foto: Electronic Intifada

Primeiro foi o persoal sanitario e os mestres. A súa morte nos bombardeos israelís era debido a que Hamas os utilizaba como ‘escudos humanos’. Despois foron os civís, mesmo as crianzas. O IDF (siglas en inglés do exército hebreo) mantén que Hamas os usa como ‘escudos humanos’, de aí as vítimas. E agora, os xornalistas que están a cubrir sobre o terreo a agresión israelí en Gaza tamén son ‘escudos humanos’ da organización palestina.

O goberno israelí fíxolle chegar os xornalistas que non se fai responsábel da súa seguridade en Gaza. Dillo despois de que un cámara de TV morrese, xunto un condutor de ambulancia, nun dos centos de bombardeos israelís sobre a Franxa. Hai uns días, o exército israelí atacou un vehículo que ía identificado como prensa, matando un dos ocupantes e ferindo oito persoas.

Segundo informan os corresponsais e axencias de noticias, desde Tel-Aviv argumentan que a prensa que está sobre o terreo “está a ser usada como escudo humano polo movemento islamista Hamas”.

A comunidade internacional non pasa de pedir “contención” a Israel. Mentres, segue a aumentar a cifra de mortos, que xa rozan os 600, máis dun cento deles, crianzas. 

Comentarios