Israel trata de xustificar os seus ataques sobre Gaza usando o 'comodín' do antisemitismo

A diferenza do réxime de apartheid israelí, explica que Palestina é unha nación conformada por persoas de múltiples credos, incluídas xudeas, e tamén non adscritas a ningunha relixión.
Os primeiros ministros do Reino Unido, Rishi Sunak, e Israel, Benjamin Netanyahu, esta quinta feira, en rolda de prensa após reunírense. (Foto: Simon Walker / No 10 Downing Stree / DPA)
photo_camera Os primeiros ministros do Reino Unido, Rishi Sunak, e Israel, Benjamin Netanyahu, esta quinta feira, en rolda de prensa após reunírense. (Foto: Simon Walker / No 10 Downing Stree / DPA)

Joe Biden e outros líderes dos Estados da contorna da OTAN sumáronse nos últimos días ao discurso oficial defendido polo Goberno de Benjamin Netanyahu, que cualifica de “antisemita” calquera ataque contra Israel e incluso calquera defensa do pobo palestino.

Con todo, e aínda que Tel Aviv defínese como un Estado “xudeu”, o movemento sionista nin era hexemónico entre as persoas xudías cando foi fundado a costa das e dos palestinos nin o é agora, detalla a Nós Diario o xornalista gazatí Mussa’ab Bashir. A diferenza do réxime de apartheid israelí, explica que Palestina é unha nación conformada por persoas de múltiples credos, incluídas xudías, e tamén non adscritas a ningunha relixión.

Nesa liña, 300 xudeus estadounidenses foron detidos após protestar a cuarta feira no lexislativo do país para demandar un alto o fogo e condenar a agresión israelí contra Palestina. Xa en Israel, a Policía advertiu de “tolerancia cero” coas protestas que rexeiten a actuación do seu Exército, ameazando con enviar os manifestantes a Gaza.

Varios países da Unión Europea tamén prohibiron as mobilizacións a favor de Palestina, como é o caso de Alemaña, onde se produciron máis de 170 detencións de persoas que se negaron a aceptar o veto. Namentres, as protestas contra Israel estanse a espallar por todo o mundo.

Comentarios