Israel continúa matando civís en Gaza

17 persoas perderon a vida a causa duns bombardeos na pasada noite. 
O campo de refuxiados de Nusairat, na imaxe, foi un dos obxectos dos ataques israelís. (Foto: Europa Press).
photo_camera O campo de refuxiados de Nusairat, na imaxe, foi un dos obxectos dos ataques israelís. (Foto: Europa Press).

Polo menos 17 civís palestinos faleceron e decenas resultaron feridos no serán do pasado sábado como consecuencia das incursións do Exército israelí en Deir al Balah e nos campamentos de refuxiados de Nuseirat, Bureij e Maghazi, no centro da Faixa de Gaza, segundo a axencia WAFA.

Os bombardeos leváronse a cabo con avións de combate contra vivendas civís en distintos puntos de Gaza, deixando en todos eles mortos e feridos, incluídos nenos e mulleres.

Concretamente, segundo a axencia palestina, en Deir al Balah faleceron polo menos catro persoas; en Maghazi, perderon a vida outros tres civís.

En Bureij, confirmouse a morte de sete cidadáns e varios máis quedaron atrapados nos edificios destruídos tras os bombardeos; finalmente, en Nuserirat, confirmáronse outras tres defuncións.

O Ministerio de Sanidade da Faixa de Gaza, controlado polo Movemento de Resistencia Islámica (Hamás), ten xa rexistradas case 17.700 vítimas mortais como consecuencia da ofensiva militar lanzada hai dous meses polas Forzas de Defensa de Israel (FDI) sobre o enclave palestino.

As autoridades gazatíes elevaron este sábado a 17.700 o balance provisional de falecidos, mentres que a cifra de feridos ascende a 48.780. Só nas últimas 24 horas contabilizouse 210 mortos e 2.300 feridos, mais o dato previsiblemente seguirá subindo, dado que continúan os ataques.

Comentarios