O independentismo fica a 3 escanos de gañar as eleccións en Nova Caledonia

O Parlamento deste arquipélago do pacífico baixo soberanía francesa ten que decidir, por maioría cualificada e antes de 2018, se organiza un referendo de independencia.

caledonia

As forzas independentistas atinxiron nas eleccións de Nova Caledonia 25 d@s 54 deputad@s que compoñen o Parlamento deste arquipélago do Océano Pacífico baixo administración da República francesa, segundo informa Nationalia. Dous máis dos que tiñan até o de agora e a tres de ter a maioría absoluta e gañar eleccións.

Pola súa banda, o bloque unionista gañou os comicios, obtendo 29 escanos, dous menos que os que acadara en 2009. Neste bloque, a organización máis votada foi a autonomista Caledonia Unida (15 deputad@s), contraria á independencia mais partidario dun alto grau de autogoberno para este arquipélago de 230.000 habitantes,

Dentro das forzas partidarias da independencia Unión Caledonia foi a que máis representantes conseguiu, 9 deputad@s. Outros 6 foron para a Fronte de Liberación Nacional Canac e Socialista (FLNKS) e tres para outras formacións.

Referendo

Os comicios do domingo realizáronse baixo un feito importante: O Congreso saínte dos votos dos e das caledonias ten que se poñer de acordo para organizar un referendo de autodeterminación en Nova Caledonia, tal e como se prevé no Acordo de Nouméa (1998) antes do 2018. De non se poñer o parlamento caledonia de acordo nesta cuestión (cun consenso do 60% dos seus membros), o goberno de París podería unilateralmente convocar a consulta.

A poboación deste arquipélago está conformada nun 45% polos canacos autóctonos, un 37% por habitantes de orixe europea e o resto por polinesios, vietnamitas, indonesios e chineses.

Comentarios