Impulsan novas mobilizacións por Palestina o próximo 11 de decembro

Os actos están convocados en 28 localidades galegas. 
Bandeira palestina en Porta Faxeira. (Foto: César Arxina / Europa Press)
photo_camera Bandeira palestina en Porta Faxeira. (Foto: César Arxina / Europa Press)

Unha nova vaga de mobilizacións en solidariedade co pobo palestino percorrerá a próxima segunda feira, día 11 de decembro, a  Galiza.

A convocatoria chega desde Mar de Lumes, Galiza con Palestina, BDS e a asociación galaico-árabe Jenin, dado que "Israel continúa o xenocidio co obxectivo xa declarado de anexar Gaza de maneira definitiva".

"Este crime contra Palestina e a humanidade non pode ficar impune", explica a organización, engadindo que por iso "seguirán as mobilizacións" baixo o lema "Do río ao mar, Palestina vencerá",  

Polo momento, os convocantes informan de que até o momento son 28 as localidades que se uniron á convocatoria.

Baixo estas líneas, a relación íntegra das manifestacións. 

Lugar e hora:

A Coruña, 20, Obelisco

A Estrada, 20, Praza do Mercado

A Guarda, 20, Praza Avelino VIcente

Allariz, 20, A Barreira

Barco de Valdeorras, 20, Praza do Concello

Betanzos, 20, Cantón de Claudino Pita

Burela, 20, Praza do Concello

Cangas, 20, Praza do Concello

Carballo, 20, Praza do Concello

Cee, 20, Praza Concha Branco

Compostela, 20, Praza do Toural

Ferrol, 20, Praza do Concello

Lalín, 21, Praza da Igrexa

Lugo, 20.30, diante do Concello

Monforte, 20, Praza de España

Noia, 20.30, diante do Concello

Ourense, 20, Subdelegación de Defensa

Ponteareas, 20, diante do Concello

Pontedeume, 20, Praza do Concello

Pontevedra, 20, Praza da Peregrina

Redondela, 20, Praza do Concello,

Ribeira, 20, Praza do Concello

Val Miñor, 20, Cruce da Ramallosa

Verín, 20.30, Praza do Concello

Vigo, 20, Farola de Urzaiz

Vilagarcía, 20, Praza de Galicia

Vilar de Barrio, 19.30, Praza do Toural

Viveiro, 20, Praza Maior

Comentarios