Por volta de 2 mil persoas refuxiadas cruzan o río entre Grecia e Macedonia

Partiron de Idomeni após rachar a barreira policial.

DavidZorrakino
photo_camera Columna de persoas que viaxa camiño da fronteira de Macedonia [Imaxe @DavidZorrakino]

Após semanas de agarda no lameiro en que se converteu o campamento de Idomeni e os seus arredores unha columna formada por centos de persoas refuxiadas, activistas, voluntari@s e xornalistas diríxense cara á fronteira con Macedonia. 

Saíron rachando coa barreira policial e cruzaron o río Suva que separa Grecia e Macedonia. Segundo MSF Sea terían morto cando menos tres persoas afogadas. Axentes da policía macedonia agárdaas máis adiante a aseguran que estudan a forma de devolver as persoas refuxiadas a territorio grego. 

Fuxen de semanas no campo de Idomeni en condicións de insalubridade extrema. En conversa con Sermos Galiza, Iván Prado de Pallas@s en rebeldía, explicaba a pasada semana á súa volta de Indomeni as condicións que atinxen as persoas alí concentradas, moitas delas crianzas. "A zona cero da humanidade" aseguraba Prado. 

No camiño a columna berra 'abride a fronteiras' (open the borders) e 'imos cruzar a Macedonia'. A policía grega tenda frear o seu avanzo máis sen éxito pois superan en número aos axentes policiais. 

Comentarios