Cargas policiais poñen o ramo á celebración do 1-O, que reuniu ducias de miles de persoas

Antidisturbios dos Mossos cargaron contra as centos de persoas que se concentraban perante o Parlament. As diferentes manifestacións e mobilizacións que decorreron ao longo da xeografía catalá sumaron ducias de miles de persoas. 

NACIO DIGITAL
photo_camera Imaxes: Nació Digital

Ducias de miles de persoas tomaron parte nos diferentes actos que esa segunda feira, 1 de outubro, decorreron en Catalunya para conmemorar o primeiro aniversario do referendo. Na manifestación de Barcelona participaron máis de 180.000 persoas segundo a Garda Urbana e houbo mobilizacións e concentracións con miles de participantes en diferentes cidades e vilas da xeografía catalá.

A xornada rematou con cargas dos antidisturbios dos Mossos perante o Parlament, onde centos de persoas se concentraran no que quería ser unha 'toma simbólica'. Tanto esta concentración como a de Via Laietana (onde está a comisaría da Policía Nacional) foran desconvocadas polos CDR.

DocZi2XW0AE6rTt

O final da mobilización concovada pola Plataforma 1 d’octubre en Barcelona estivo marcado polas accións de varios centos de manifestantes, que tentaron superar o cordón policial para acceder ao edificio do Parlament e polo colapso da Via Laietana por outros centos, que  protestaban contra a policía española.

As maiores escenas de tensión e enfrontamentos déronse entón. Ao se ver superado, os axentes do cordón policial diante da Cámara catalá optaron por se refuxiar no Parlament e pedir o reforzó dos antidisturbios. Os Mossos cargaron entón para “despexar’ a zona, producíndose enfrontamentos con manifestantes, que guindaron pedras e botellas.

Comentarios