Nunha reunión internacional con máis de cento cincuenta medios presentes e antes do inicio da xuntanza do G8, o actual primeiro ministro británico David Cameron aleccionou ao goberno español sobre a necesidade de respectar a vontade de autodeterminación en Cataluña. Fíxoo ao ser preguntado sobre o caso escocés, pobo que en 2014 realizará un referendo sobre a súa independencia, consulta respectada por Gran Bretaña.
Cameron afirmou, segundo recolle Vilaweb, que non cría que era bo camiño o de ignorar o desexo dun pobo de decidir o seu futuro.
Cameron non mencionou Catalunya directamente, mais si que se referiuse explicitamente ao presidente español, Mariano Rajoy. Cameron dixo que el non era Rajoy nin era quen de dicirlle o que facer, mais que consideraba que a posición actual non era a correcta
Londres si respeta o referendo soberanista de Escocia
En concreto, Rajoy dixo: "Non se pode ignorar as cuestións de nacionalidade, identidade e independencia. É mellor explicar os seus argumentos e deixar a xente decidir. Esta é a forma no que facemos as cousas no Reino Unido. Eu non diría ao goberno español como ten que afrontar estas cuestións. E é unha cuestión do goberno español”.
Cómpre lembrar que o goberno británico respecta o referendo de autodeterminación de Escocia, previsto para 2014 e no que os e as escocesas votarán se queren independizarse ou seguir a formar parte de Reino Unido.