Brahim Ghali, novo secretario xeral do Frente Polisario

Ghali foi delegado no Estado español e embaixador sahariano en Alxeria. 

Brahim Ghali
photo_camera Brahim Ghali

O XV Congreso do Frente Polisario nomeou --co 93,19% dos votos-- Brahim Ghali novo secretario xeral da formación e presidente da República Árabe Democrática Saharauí (RADS) após o pasamento de Mohamed Abdelaziz e do cumprimento dos 40 días de loito convovados. 

No cónclave participaron 2.500 representantes do pobo sahariano e 82 delegacións internacionais, entre elas, a deputada do BNG, Montse Prado, e a presidente de Sogaps, Maite Isla. 

Brahim Ghali foi delegado do Polisario no Estado español entre 1999 e 2008. Con anterioridade foi ministro de Defensa do Frente Polisario e integrante da vella garda do partido pois estivo tamén na súa fundación. Posteriormente foi enviado a Arxelia como embaixador

Segundo diversas fontes continuará adiante co labor de reorganización das forzas armadas saharianas iniciado polo seu antecesor, Abdelaziz, perante a escalada de tensión entre o Sáhara e Marrocos. 

Comentarios