14 organizacións galegas fan parte dun manifesto internacional de solidariedade con Venezuela

Piden a fin da inxerencia de estados como o español na política interna venezuelana e denuncian a “guerra económica, mediática e política” contra o goberno bolivariano.

Asemblea Nacional de Venezuela_Aporrea
photo_camera Asemblea Nacional de Venezuela

Máis de 70 organizacións subscriben un manifesto de apoio a Venezuela con motivo da 'Xornada mundial de solidariedade coa revolución bolivariana' , que decorrer este 19 de abril. Un total de catorce organizacións galegas fan parte desa lista de apoios. Figuran desde axentes políticos (Anova, BNG, Esquerda Unida, FPG, MGS, PCPG) até sindicatos (CIG, CUT), pasando por organizacións de mocidade (Isca, XCG) e asociacións (Asociación galego-bolivariana Hugo Chávez, Asociación de amizade Galego.cubana Francisco Villamil, Mar de Lumes, Terra Liberada).

No manifesto asinado por estes axentes políticos, sindicais e sociais denúnciase a “escalada de agresións” contra o goberno liderado por Nicolás Maduro. Unha escalada que, apontan, dase no plano exterior (EUA declara Venezuela ameaza extraordinaria) e interior (“asasinatos selectivos de dirixenets chavistas”, a denominada 'Lei de impunidade').

Comentarios