Apupos e asubíos a Feijóo na apertura do XI Congreso de UGT

O presidente da Xunta interveu na sesión de apertura do XI Congreso da central sindical. Numerosas persoas manifestaron o seu rexeitamento á política económica do popular e apuparon ao líder do executivo mentres a dirección de UGT-Galiza pedía "orde"

Feijóo no Congreso de UXT
photo_camera Feijóo no Congreso de UXT

Alberto Núñez Feijóo foi recibido entre asubíos no XI Congreso que UGT celebra esta sexta feira no Pazo de Congresos da capital galega. O presidente da Xunta de Galiza interveu na sesión de apertura do conclave convidado pola dirección da central sindical. Porén, numeros@s militantes decidiron apupar ao líder do executivo galego como mostra de rexeitamento ás súas políticas económicas e laborais. 

Neste senso, algúns d@s participantes no conclave abandonaron o salón do Pazo de Congresos ao tempo que a dirección sindical pedía "orde" e "respecto" para o mandatario galego quen capeou as críticas afirmando que traballador@s e goberno podían discrepar. Núñez Feijóo aproveitou a súa participación no Congreso para defender a política económica da Xunta de Galiza e do Goberno do seu compañeiro de filas, Mariano Rajoy en Madrid. 

O líder d@s populares, acudiu ao conclave acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, Fracisco Conde. 

Comentarios