O narco Dorado considera a publicación das fotos unha “inxustiza” e cualifica a Feijóo de “boa persoa”

María Dorado, filla do narco preso en Topas, afirma nun programa de televisión que o seu pai nunca tivo unha relación "cercana" co presidente da Xunta, para alén de dicir que a publicación das imaxes perxudícalle a nivel penitenciario

O presidente da Xunta ten a responsabilidade de poñer á política galega (e Galiza) a un nivel do que vai ser moi difícil caer máis baixo: Após que as fotos cun narco deran a volta ao mundo nos principais xornais, agora chega a quenda dos platós dos programas sensacionalistas de televisión. En T5, no 'Gran Debate', María Dorado, filla de Marcia Dorado, condenado na prisión de Topas a 14 anos de prisión, deu a versión da 'familia', e principalmente do seu pai, sobre o escándalo das fotos con Feijóo.

María fixo de voceira do seu pai e mantivo a liña argumental a gosto do gabinete de San Caetano. A publicación das fotos é unha conspiración, Feijóo e o seu pai non tiñan amizada algunha, as empresas da familia non recibiron axudas nin subvencións baixo os gobernos de Feijóo...

“A meu pai a publicación das fotos parécelle algo desafortunado”, afirmou María Dorado, que engadíu que Marcial considera o que está a acontecer con estas imaxes “unha inxustiza”

“Boa persoa”

Aliás, María Dorado manifestou que a relación entre o seu pai e Feijóo “non era cercana”, malia pasar vacacións xuntas, facer viaxes xuntos,...; Mesmo apuntou que cando Feijóo saíu elexido presidente, Marcial comentou “anda, presidente, pois é unha boa persoa”.

No que atinxe a axudas e subvencións da Xunta, a filla de Marcial Dorado negou que as percebise baixo gobernos de Feijóo, malia que o propio presidente da Xunta recoñecese que se lle deron 5.000 euros.

 

 

 

 

Comentarios