ContraMINAacción convoca unha manifestación nacional o 2 de xuño en Compostela “Contra a minaría salvaxe”

O 2 de xuño a mediodía e na Alameda será a hora e punto de partida da manifestación nacional que o colectivo ContraMINAcción, integrado por varias organizacións, convocan co lema “Contra a minaría salvaxe”. Protéstase contra o incremento de concesións mineiras por parte da Xunta que esquecen o medio ambiente, espazos protexidos e mesmo a veciñanza dos distintos territorios. 

Rolda de prensa da presentación da manifestación contra a minaría.
photo_camera Rolda de prensa da presentación da manifestación contra a minaría.

As ameazas que penden de proxectos mineiros como os que ameazan Corcoesto, A Limia, Cartelle ou Castrelo do Miño están na orixe da manifestación que convocada por ContraMINAcción sairá o 2 de xuño da Alameda de Compostela. 

Rexeitarase cunha protesta que quere ser multitudinaria o incremento de concesións por parte da Xunta, esquecendo os espazos protexidos, o medio ambiente e a calidade e saúde da veciñanza e só respondendo a intereses de empresas extractivas transnacionais. .

Na presentación da convocatoria, o profesor Xoán Doldán, de Véspera de Nada, alertou sobre o perito das explotacións mineiras que non é só para o territorio localizado senón que supón un desembarco masivo co apoio do goberno da Xunta que pretende “transformar o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto” no que chamou economía da miseria que non solucionará o problema do desemprego nas comarcas nas que se implante xa que está demostrado que a minaría case non xenera postos de traballo.  Inerviron tamén na presentación representantes de Verdegaia, Sindicato Labrego Galego e dos colectivos que se opoñen aos proxectos da Limia e Corcoesto. Animan á cidadanía a asistir e a mostrar unha forte oposición cidadá a uns proxectos que afectan a todo o país.

Comentarios