A cidade de Ourese atópase rodeada por dous lumes iniciados esta cuarta feira. A proximidade das lapas ás parroquias de Cudeiro e Velle obrigan aos servizos de emerxencia a desaloxar as aldeas máis achegadas aos incendios e activan o nivel 1 de alarma.
Arredor de 40 hectáreas --entre os dous focos-- de monte fican xa en cinsa onde os grupos de extinción de incendios seguen a traballar, algúns vindos desde León.
Imaxe capa: @margaalfonso