Dados EPA: 5.965.400 persoas en paro no Estado

2012 deita cifras de paro verdadeiramente estarrecedoras. A EPA bate outravolta o seu récord histórico. 2012 fechouse con 5.965.400 persoas no paro en todo o Estado.

A taxa de paro sitúase no 26,2 por cento, unha cifra brutal e moi por enriba do promedio europeu.

186 mil persoas engrosaron as fileiras do paro no mes de Decembro de 2012.

Neste momento hai menos de 17 millóns de persoas ocupadas no Estado español -16,9 millóns-, o cal significa que a crise desatada en 2007-2008 leva destruído máis de tres millóns de postos de traballo netos.

Haberá ampliación en cuanto termos os dados relativos a Galiza.

Comentarios