venres 29.05.2020

BNG e Fruga analizan as repercusións da nova PAC nunha xornada en Castro de Rei

As repercusións da PAC no noso agro son os temas de debate da xornada que BNG e Fruga desenvolven o sábado 1 de marzo na localidade de Castro de Ribeiras de Lea, concello de Castro de Rei. 

.
.

Como espazo de análise e debate máis propostas de actuación desde o nacionalismo preséntase a xornada “Unha PAC para o rural galego” que se desenvolverá na mañá do sábado en Castro de Ribeiras do Lea. 

Abrirá a xornada o portavoz do BNG, Xavier Vence quen exporá no acto inaugural a posición da fronte nacionalista diante da nova PAC e as propostas para a elaboración do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galiza para o período 2015-2020.

No encontro, que se desenvolverá durante toda a mañá e será aberto ao público, intervirán tamén a candidata nacionalista ás eleccións europeas, Ana Miranda, a portavoz parlamentar de Agricultura, Tereixa Paz, o presidente de Fruga, Xurxo Álvarez, Antonio Oca, ex director de Política Agraria, Bernardo Valdés, profesor de Economía aplicada no Campus de Lugo.

Un dos obxectivos da xornada é continuar a rolda de contactos cos sectores produtivos para achegaren propostas que se incorporarán ao programa electoral que a formación nacionalista prepara de cara ás eleccións europeas do 25 de maio. 

comentarios