A LOMCE, unha ollada A Fondo

Máis un caderno de análise na rúa. Desta volta, debullamos polo miúdo a reforma educativa do Partido Popular. As voces coinciden, o obxectivo da LOMCE é "derrubar o ensino público e privarnos progresivamente do dereito fundamental" á educación. 

Oito páxinas nas que tratamos en profundidade o anteproxecto de lei presentado polo Ministerio español de Educación. A LOMCE. Coordinado por Marta Dacosta, atigos de diversa autoría afondan nas intencións da nova norma que conta, antes de se aprobar, co rexeitamento da comunidade educativa e que centrou algunhas das mobilizacións máis masivas dos últimos meses na Galiza. 

Sindicatos do profesorado e estudantes denuncian a ofensiva do goberno español contra o ensino público do que din "queren acabar con el" ao tempo que (re)dirixen os fondos públicos cara á escola e universidade privadas. Mais que tamén introduce importantes mudanzas na organización interna dos centros. 

Aliás, os ataques contra os dereitos nacionais da Galiza converten a LOMCE nunha lei antipedagóxica, españolista e confesional. Un retroceso en materia educativa que atende aos obxectivos político-ideolóxicos da dereita española. 

Sete testemuñas das conta achegan as súas impresións sobre o proxecto normativo publicado polo executivo de Mariano Rajoy e defendido con unllas e dentes polo seu ideólogo, José Ignacion Wert. 

Comentarios