Unha cadea humana de 50.000 persoas entre Durango e Iruña polo dereito a decidir de Euskal Herria

Irun acolleu a presentación pública de Gure Esku Dago, unha iniciativa da cidadanía vasca para ser “a locomotora do dereito do noso pobo a decidir”. Chaman a tod@s, abertzales ou non, a tomar parte na defensa do dereito a decidir, "porque poder decidir é a base democrática para calquer proxecto"

“Tod@s formamos parte deste país. @s vasc@s que reclaman a nacionalidade vasca e os vascos que se sinten españois ou franceses... os sentimentos son propios. O país é de todos”. Esta foi a frase inicial da presentación pública en Irun da iniciativa Gure Esku Dago, un impulso xurdido desde a propia cidadanía de Euskal Herria para acadar o dereito a decidir o seu futuro como pobo.

“É un camiño que (Vascos, vasco-españois ou vasco-franceses) “debemos percorrer xuntos, ao menos até o cruce da toma de decisión”

O manifesto parte de que Euskal Herria é unha nación e que ten dereito a decidir o seu futuro. E esa decisión é dos vascos e vascas. Tamén, apuntan, dos vascos que se sinten españois. “Non é unha reivindicación abertzale, é unha reivindicación democrática”, lembraron os e as promotoras da iniciativa.”O poder decidir é a base democrática para calquer proxecto”. E ese dereito, esa base democrática, é negada polo Estado español.

Desde esta iniciativa lembran que o tren da liberdade de Euskal Herria está en marcha e que a “locomotora é o dereito a decidir dos pobos”.

8 de xuño de 2014: Cita para calar (ou abrir) a boca dos que negan o dereito de autodeterminación

Esta plataforma está organizando unha serie de actividades e iniciativas. Entre elas, e quizás a máis ambiciosa, está a que queren desenvolver o 8 de xuño de 2014: Unir a vila de Durango (Bizkaia) con Iruña (Nafarroa) cunha gran cadea humana de 130 quilómetros conformada por 50.000 persoas.

Os interesados xa poden anotarse na web, pois a idea é que cada persoavaia tomando o compromiso de mercar un punto exacto do percorrido e así ir tecendo a rede cidadá que, alén de diferenzas políticas, bogue polo dereito a decidir.


 

Comentarios