Otegi atribúe o seu encarceramento a que o Estado quería boicotear un cambio de estratexia na esquerda independentista

A cadena Al Jazeera publica unha extensa entrevista co dirixente independentistas vasco. Otegi afirma que o Estado español vivía comodamente ''nun escenario de confrontación armada”. O cesar o fogo de ETA e o proceso catalán son os que, sinala, verdadeiramente descolocan ao Estado.

Otegi
photo_camera Otegi

Preso mais non silenciado. Arnaldo Otegi non é un simple preso político, como sinalan desde a cadea Al Jazeera, que publica unha ampla entrevista co de Elgoibar, senón un preso político que referencia toda unha loita. O dirixente da esquerda abertzale sinala, sen pelos na lingua, que a detención do caso Bateragune responde a unha estratexia do Estado español por intentar impedir un cambio de estratexia na esquerda independentista.

“A única razón pola que fumos detidos, xulgados e encarcerados é simple. O Estado buscaba as nosas detencións para impedir o cambio de estratexia na esquerda independentista”.

A loita democrática pola independencia como desafío a España

Na entrevista, Otegi afirma que o Estado “estaba comodamente instalado nun escenario de confrontación armada porque iso permitíalle xestionar o conflito en termos puramente anti-terroristas. Unha estratexia pacífica e democratica alteraba radicalmente o escenario. Nós fixémolo e ese foi o noso delito”.

O dirixente abertzale afirma que “a loita armada non volverá estar presente na ecuación política vasca. Esa é a decisión inapelábel, irrevocábel e definitiva”.

No que atinxe aos procesos de Catalunya e Escocia, apunta a que ese é o camiño a seguir por Euskal Herria, incidindo en que a vía democrática e popular e a que realmente mete medo a España.

Comentarios