Os Sanfermíns comezan con retraso por primeira vez na historia pola presenza dunha ikurriña

O goberno local, de UPN, negouse a facer o txupinazo pola presenza da bandeira. A Policía dificultou o acceso de bandeiras vascas á Praza. Vídeo no interior

O txupinazo do San Fermín de 2013 quedará gravado na memoria para sempre, segundo recolle o diario dixital Naiz. A presenza dun ikurriña de grandes dimensións pendurada sobre a Praza provocou o aprazamento do inicio da festa por perto de vinte minutos. Os conselleiros UPN e o alcalde de Pamplona, Enrique Maya, decidiron non lanzar o txupinazo até que a bandeira fose reitada.

O portavoz da esquertda abertzale, Txelui Moreno, foi agredido por policías, segundo denuncia o Naiz

Edís de Bildu denuncian que dentro do Concello de Iruña foron obxecto de ameazas e insultos (“Hijos de puta”) por parte de UPN, que lles responsabilizaban de pendurar a bandeira vasca.

Golpes e empurróns

Segundo informa Naiz, a policía tentou impedir a presenza tamén este ano no txupinazo de ikurriñas. Unha muralla policial quixo evitar que persoas coa bandeira vasca entrasen na praza, se ben non foron quen de conseguilo.

Houbo cargas e golpes, e o portavoz da esquerda nacionalista, Txelui Moreno, foi fortemente golpeado ao tentar mediar, segundo os medios vascos.

Comentarios