A opción independentista vencería nun referendo en Euskadi, según o Euskobarómetro

O 60% das persoas enquisadas están a prol dunha consulta pola independencia. O barómetro do goberno vasco apunta que un 72 % da cidadanía rexeita a xestión do goberno español desde a fin de actividade de ETA.

independentzia euskal

O Euskobarómetro de primavera mostra que o 59 por cento d@s vasc@s son favorábeis a unha consulta sobre a independencia de Euskal Herria. Este estudo da Universidade Pública vasca sobre a opinión pública tamén indica que, en caso de se realizar agora dito referendo, a escolla independentista sería a gañadora.

De feito, a oposición a que se convoque este referendo só ten o apoio do 25% da sociedade vasca, mentres que un 15% prefire non se pronunciar sobre este tema. A prol de convocalo, o 59%, o que supón un cinco por cento máis que na anterior sondaxe.

En caso de que esta consulta se chegase a facer, e en base aos resultados do Euskobarómetro, a opción a prol da independencia de Euskal Herria obtería o 37 % dos votos, mentres que un 33 % votaría en contra. Un 14 por cento optaría por se abster.

Constitución española? Ez, eskerrik asko

O apoio á Constitución española rexistra só o apoio do 26% das persoas enquisadas, mrentes que máis do 34 por cento das consultadas maniféstanse en contra da ‘carta magna’ española. “É o apoio máis baixo á Constitución nestes 40 anos”, recoñecen os responsábeis desta sondaxe.

E a respecto do proceso de paz, un 72 % dos vacos e vascas rexeita o papel do goberno español, Máis dun 80% apoairía que se abrise unha negociación entre Estado español e ETA.

Comentarios