Máis de 150.000 vasc@s reivindican o seu dereito a decidir cunha cadea humana

Convocada pola plataforma Gure Esku Dago, unha multitude une coas súas mans os 123 quilómetros entre Durango e Iruña, nunha mobilización que foi apoiada por EH-Bildu (tamén por Ezker Batua e Podemos) e na que mesmo se deixaron ver a título persoal membros do PNV e do PSOE.

cadeaII-crop
photo_camera Cadea humana en Euskal Herria.

Decenas de miles de persoas participaron en Euskal Herria na cadea humana a favor do dereito a decidir, promovida pola iniciativa Gure Esku Dago e que uniu os 123 quilómetros de distancia entre Durango e Iruña (Pamplona).

En total, máis de 150.000 persoas, superando as previsións e segundo os cálculos de naiz.info, sumáronse a esta iniciativa, que se mantivo durante 30 minutos. Desde primeira hora da mañá empezaron a chegar @s participantes na iniciativa aos puntos kilométricos que se lles asignou, o que provocou algúns problemas de tráfico, principalmente na N-636 entre Durango e Elorrio.

A maioría sindical tamén formou parte dunha manifestación soberanista que transcorreu nun ambiente festivo

Nun ambiente festivo, @s participantes -que portaban ikurriñas e camisetas co nome da plataforma impulsora (Gure Esku Dago) mais tamén foron visíbeis bandeiras galegas, catalás ou escocesas- situáronse nos seus puntos, axudados pol@s voluntari@s, e ás doce do mediodía uniron as súas mans na cadea humana.

O evento recibiu adhesións de EH Bildu, Ezker Batua e Podemos, dos sindicatos ELA, LAB, STEE-EILAS, ESK, Hiru, ErNE e CGT, ademais de representantes a título persoal de PNV, PSOE ou CC.OO.

Dirixentes políticos

Entre as persoas que participaron na mobilización destacou a presenza de representantes das formacións que integran EH Bildu, entre eles Hasier Arraiz (Sortu), Pello Urizar (EA) e Dani Maeztu (Aralar) ou o eurodeputado Josu Juaristi, así como o alcalde de San Sebastián, Juan Karlos Izagirre.

Tamén toman parte a título persoal dirixentes do PNV como Andoni Ortuzar, que acudiu ao quilómetro 18 en Kanpazar, mentres que Joseba Egibar, Markel Olano, así como o portavoz do partido en Donostia, Eneko Goia, estiveron en Ataun (Gipuzkoa). Ademais, sumáronse á iniciativa o ex-lehendakari Carlos Garaikoetxea, a ex-conselleira do PSOE Gemma Zabaleta e o portavoz de ERC Joan Tardá.

Comentarios