A igrexa quer levar aos tribunais a Deputación de Gipuzkoa (Bildu) polos cambios no cadro do IRPF

O bispo de Donostia, José Ignacio Munilla, acusa á entidade gobernada por Bildu de introducir modificacións que impiden que se destine o 0,7% tanto a igrexa como a fins sociais.

Jose-Ignacio-Munilla-Aguirre
photo_camera Jose Ignacio Munilla

José Ignacio Munilla, bispo de Donostia, criticou con dureza á Deputación de Gipuzkoa polos cambios introducidos nos cadros para marcar as opcións sobre a ónde destinar o 0,7% do IRPF. A Facenda Foral gipuzkoana é partidaria de que os e as contribuíntes elixan se queren que ese 0,7% vaia para fins sociais de ONGs, para a igrexa ou ben para “fins xestionados polo sector público”.

Unha decisión que non senta nada ben na igrexa católica, pois entende que imposibilita que o contribuínte poida optar por marcar todas as opcións, algo que, segura, prexudica a “70.000 guipuzcoanos”.

Munilla asegura que a decisión de Bildu é un “erro”, pediulle que a reconsidere e asegurou que o tema está xa en mans de xuristas para estudar as opcións a desenvolver.

Vontade cidadá

Desde a Deputación limitáronse a sinalar que a actuación feita é acorde á normativa e que, entenden, é máis acaída á vontade da cidadanía. Ademais, este organismo sinalou que non é competencia súa a de financiar a igrexa, senón que iso é cousa, di, “do Estado español”.

Comentarios