Bildu, PNV e os sindicatos LAB e ELA chaman a unha marcha silenciosa polos dereitos humanos

Bildu, PNV, Geroa Bai, LAB e ELA convocan unha manifestación após coñecer a decisión da Audiencia Nacional de prohibir a mobilización organizada pola inciativa popular Tantaz Tanta.


"En Euskal Herria están a darse pasos pola paz e a resolución fronte á conculcación de dereitos humanos e ante medidas excepcionais negativas. Quen estamos aquí mostramos a nosa disposición a consolidar o novo escenario, como estamos a facer no día de hoxe. Chamamos á cidadanía a tomar parte na manifestación e a traballar conxuntamente para conseguir os obxectivos do lema".

É o contido da breve nota que as formacións que conforman EH Bildu, o PNV, Geroa Bai e os sindicatos ELA e LAB leron esta sexta feira na rolda de imprensa en que convocaron para este sábado unha manifestación silenciosa en Bilbo, baixo o lema 'Giza eskubideak. Bakea. Konponbidea' --'Dereitos Humanos, Paz, Solución' na tradución do euskera ao galego--. 

Anunciárono @s máxim@s responsábeis destas organizacións políticas e sindicais nunha compareciencia que cualificaron de "excepcional" e que se produciu após coñeceren a decisión da Audiencia Nacional española de prohibir a mobilización convocada pola iniciativa popular Tantaz Tanta, que xa desconvocou todos os actos.

Comentarios