A Audiencia Nacional chama a declarar a comisión que certificou o desarmamento de ETA

A citación ás e aos integrantes do organismo chegou despois de que o Colectivo de Vítimas do Terrorismo esixira ao tribunal especial que lles tomara declaración para que acheguen "toda a información que teñan".

verificadores
photo_camera [Imaxe: Naiz]


A Audiencia Nacional española citou a declarar en calidade de testemuñas @s integrantes da Comisión internacional de verificación que mantiveron unha xuntanza con membros de ETA para certificar a posta fóra de uso dunha parte do seu arsenal armamentístico.

O tribunal especial ouviu a petición do Covite --Colectivo de Vítimas do Terrorismo--, que esixe que a comisión facilite "toda a información que teñan" sobre as dúas persoas que aparecen no vídeo onde se certifica a entrega do armamento, indicando "quen eran, onde están, onde se reuniron e se coñecen a súa identidade para que as forzas de seguridade os prendan de inmediato".

O tribunal especial ouviu a petición do Covite --Colectivo de Vítimas do Terrorismo--, que esixe que a comisión facilite "toda a información que teñan" sobre as dúas persoas que aparecen no vídeo onde se certifica a entrega do armamento. 

Segundo a orde emitida polo titular do xulgado de instrución nº2, Ismael Moreno, a comitiva liderada por Ram Manikkalingam (Sri Lanka) a quen acompañaron Ronnie Kasrils (Sudáfrica), Chris Maccabe (Gran Bretaña), Satish Nambiar (India), Fleur Ravensbergen (Holanda) y Aracelly Santana (Ecuador) deberán informar das identidades d@s membros da organización armada vasca con que mantiveron a xuntanza, así coma do lugar onde se atopan. 

Así as cousas, Moreno emitiu unha orde para que a policía española, a policía vasca (ertzaintza) e a garda civil localicen @s integrantes da comisión internacional que compareceron na sexta feira en Bilbo para dar conta do armamento que ETA deixou fóra de uso. Cómpre sinalar que o Estado español non recoñece a mediación deste organismo.

A fiscalía da Audiencia Nacional española apoiou a decisión xudicial e cualificou a petición do Covite de "lóxica e coherente". Só tres d@s cinco citad@s comparecerán no tribunal especial. Aracelly Santana non foi localizada namentres a neerlandesa Fleur Ravensbergen viaxou xa ao seu país. O sexto integrante da comisión, o indio Satish Nambiar, non viaxou a Euskal Herria. 

Comentarios