Absolto un membro de Bildu acusado po 2 filiados do PSOE de ameazalos por celebrar un triunfo de 'La Roja'

Malia a enorme campaña na súa contra da caverna mediática española, o ex secretario do alcalde de Donostia quedou libre sen cargos por non existiren probas, de feito quedou constatado que os seareiros da 'selección española foron os que increparon ao abertzale

Bildu

A Audiencia Nacional absolveu a Josetxo Ibazeta, ex secretario do alcalde de Donostia, Juan Karlos Izaguirre, de Bildu, do delito de ameazas terroristas polo que foi xulgado por supostamente increpar a tres afeccionados da selección española de fútbol que celebraban a súa vitoria na última Eurocopa polo Casco Vello da cidade, ao non existir probas destes feitos e non ser acusado pola Fiscalía de enaltecemeento do terrorismo. Curiosamente, Ibazeta fora vítima dunha dura campaña de acusacións por parte dos medios de Madrid, que nunca reflectiron que, como se soubo durante o xuízo, os supostos ameazados, dous dos cales son militantes do PSE-PSOE, “festexaban con profusión de bandeiras de España, camisetas da selección e abundancia de bebidas alcohólicas”.

Foron os afeccionados da selección española os que provocaron ao filiado de Bildu

A sentenza relata que un dos seareiros de 'La Roja', “de improviso e sen que conste acreditado o motivo”, deu a volta, sacou o seu teléfono móbil e comezou a increpar ao afiliado de Bildu. Ibaceta non realizou ningunha “provocación” aos españolistas, segundo o tribunal, aínda que lles respondeu: “¡Gora ETA militarra!”. Polo tanto e ao contrario do que informaron os medios convencionais, nunca ameazou con dispararlles, como supostamente se vía nun vídeo, senón que foi o que sufriu o ataque verbal por parte dos membros do PSOE.

Durante o xuízo, que se celebrou o pasado 28 de maio e cuxa sentenza se coñeceu este luns, o ex asesor de Bildu afirmou que non ten "ningunha dúbida" de que os incidentes respondían a un “pulso político” para prexudicar á súa formación.  

Comentarios