Os supermercados poderán limitar as compras para evitar o desabastecemento

O Goberno modificou a lei para deixar que os comercios podan limiten de forma temporal a venda de produtos ante un risco xustificado de falta de subministración.

A escaseza de aceite de xirasol levou algúns supermercados a limitar as unidades que se poden comprar por día (Foto: Nós Diario).
photo_camera A escaseza de aceite de xirasol levou algúns supermercados a limitar as unidades que se poden comprar por día (Foto: Nós Diario).

Deben darse unhas circunstancias extraordinarias e a decisión ha de estar ben xustificada, pero os estabelecementos comerciais poderán intervir e limitar as compras das persoas consumidoras para evitar o desabastecemento de certos produtos.

O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe a modificación aprobada polo Goberno de Pedro Sánchez da Lei 7/1996 de Ordenación do Comercio Comerciante polo miúdo, no marco do Real Decreto publicado hoxe.

O texto engadido no artigo 9 da norma recolle que "excepcionalmente, cando existan circunstancias extraordinarias ou de forza maior que o xustifiquen, os estabelecementos comerciais poderán suspender con carácter temporal a prohibición prevista no apartado 2 de limitar a cantidade de artigos que poidan ser adquiridos por cada comprador".

Acceso equitativo

As tendas deberán aplicar esta prohibición "de maneira proporcionada cando sexa necesario para impedir o desabastecemento e garantir o acceso dos consumidores en condicións equitativas".

Até o momento, os comerciantes non podían limitar, por lei, "a cantidade de artigos que poden ser adquiridos por cada comprador". Tampouco podían "estabelecer prezos máis elevados ou suprimir reducións ou incentivos para as compras que superen un determinado volume".

Con esta mudanza, en vigor até o 30 de xuño, os comercios poderán "suspender con carácter temporal a prohibición prevista no apartado 2 de limitar a cantidade de artigos que poidan ser adquiridos por cada comprador".

Abusos

A normativa aprobada ten como obxectivo impedir o desabastecemento en situacións "de forza maior", e garantir a subministración mais o acceso a todos os consumidores de determinados produtos que poidan chegar a escasear.

Busca, ademais, dar resposta a situacións denunciadas nas últimas semanas tanto por consumidores particulares como por asociacións de usuarios e usuarias de grandes superficies que, ademais de limitar, por exemplo, o número de botellas de aceite de xirasol que podía mercar dunha vez unha mesma persoas, tamén acompañaron a medida de alzas de prezos “desproporcionadas”.

Comentarios