A que hora será máis barata a electricidade? Consulta aquí o custo da luz desta xornada

Será na franxa entre as 10 e as 19 horas cando o megawatt hora marque un custo negativo ou de cero euros.
Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
photo_camera Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).

O mercado almacenista eléctrico rexistrará esta segunda feira durante nove horas prezos negativos ou a cero euros por megawatt, nunha xornada que na que o prezo medio será de 3,48 euros por megawatt á hora (MWh), segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

En concreto, será na franxa entre as 10 e as 19 horas cando o megawatt hora marque un custo negativo ou de cero euros. Así mesmo, o prezo mínimo rexistrarase entre as 16 e as 17 horas con -1 euro/MWh.

O valor máximo que se rexistrará esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas e o megawatt hora valerá 19,72 euros. Destacou tamén o prezo de entre as 8 e 9 horas da mañá, cando se pagou 18,7 euros/MWh.

Co desta segunda feira serán xa 12 os días deste mes de abril nos que a poxa rexistrou prezos negativos nalgunhas das súas horas, un feito que até o pasado 1 de abril non se producira nunca.

Custo real

Con todo, estes prezos negativos ou tan baixos non se trasladan así exactamente ao recibo, xa que existen uns custos fixos para as usuarias eléctricas, por peaxes, cargos e axustes do sistema.

Ademais, en marzo, tras rexistrarse en febreiro unha media inferior aos 45 euros/MWh, o tope fixado no Real Decreto de medidas urxentes, a electricidade recuperou temporalmente o seu Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) de 21%, algo que se manterá neste mes de abril.

Por outra parte, a poxa non representa exactamente o importe final no prezo da luz para unha usuaria acollida á tarifa regulada, xa que coa entrada en 2024 adoptouse un novo método de cálculo do PVPC, que incorpora un cesto de prezos a medio e longo prazo para evitar as fortes oscilacións, sen perder as referencias de prezos a curto prazo.

Desta maneira, a proporción de vinculación co prezo da poxa irase reducindo progresivamente, para incorporar as referencias dos mercados de futuros, de modo que estes representen 25% en 2024, 40% en 2025 e 55% a partir de 2026.

Comentarios