O prezo medio da electricidade no mercado maiorista ascendeu nesta terza feira até os 325,40 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.
Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase, de modo semellante ao doutras xornadas, entre as 20 e as 21 horas, con 440,38 euros/MWh, algo menor que o da segunda feira mentres que o mínimo, de 262,51 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas desta madrugada.
Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 286,49 euros/MWh.
2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. Con todo, no que vai de 2022 o prezo medio sitúase na contorna dos 229 euros/MWh, máis do dobre que o exercicio anterior.
Prezo do gas hoxe, 22 de marzo
Os contratos de futuros do gas natural negociados na plataforma holandesa TTF cotizaban esta segunda feira arredor dos 96,30 euros/MWh, unha baixada de 8,32% con respecto ao domingo.
Nesa liña, o día previo á invasión rusa de Ucraína o prezo do gas en España cotizaba por baixo dos 80 euros/MWh, mentres que hoxe está en 98,72 euros/MWh, o que supón un aumento de 1,45%% fronte ao rexistro desta fin de semana (96,61 euros/MWh), segundo os datos do Mercado Ibérico do Gas (Mibgas).