Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 18 de marzo

O prezo mínimo desta sexta feira, segundo datos de Red Eléctrica de España, deuse entre as 2 e as 3 horas, mentres que a marca máxima será de 20 a 21 horas.

O prezo da luz aumenta esta quinta feira (Foto: Rasstock).
photo_camera A luz é esta sexta feira 600% máis cara que o 18 de marzo de 2021 (Foto: Rasstock).

O prezo medio da electricidade no mercado maiorista volve subir esta sexta feira até os 336,51 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados por Red Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta darase entre as 20 e as 21 horas, con 458,78 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 263,4 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas desta madrugada.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 232,28 euros/MWh, o que implica un incremento de 6,98% a respecto da quinta feira.

A luz fechou 2021 como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. Con todo, no que vai de 2022 o prezo medio sitúase na contorna dos 229 euros/MWh, máis do dobre que o exercicio anterior.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira é 608,82% superior aos 32,77 euros/MWh do 18 de marzo de 2021. É dicir, é seis veces máis caro que hai un ano.

Prezo do gas hoxe, 17 de marzo

Os contratos de futuros do gas natural negociados na plataforma holandesa TTF cotizaban esta quinta feira arredor dos 109 euros/MWh, con picos que chegaron até os 112 euros, pero lonxe dos rexistros de comezos da semana pasada, cando se alcanzaron os 345 euros.

Nesa liña, o día previo á invasión rusa de Ucraína o prezo do gas en España cotizaba por baixo dos 80 euros/MWh, mentres que hoxe está en 100,5 euros/MWh, o que supón un aumento de 7,22% fronte ao rexistro desta terza feira (108,33 euros/MWh), segundo os datos do Mercado Ibérico do Gas (Mibgas).

Comentarios