Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 27 de marzo

O prezo mínimo deste domingo, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 13 e as 14 horas, mentres que o máximo volverá ser de 20 a 21 horas.

O prezo medio de marzo achégase aos 300 euros/MWh. (Foto: Europa Press)
photo_camera O prezo medio de marzo achégase aos 300 euros/MWh. (Foto: Europa Press)

O prezo medio da electricidade no mercado maiorista cae levemente este domingo até os 223,71 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para este domingo darase, de modo semellante ao doutras xornadas, entre as 20 e as 21 horas, con 355,56 euros/MWh, algo menor que o do sábado, mentres que o mínimo, de 223,29 euros/MWh, rexistrarase entre as 13 e as 14 horas.

Este domingo o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 219,42 euros/MWh.

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

Con todo, no que vai de 2022 o prezo medio sitúase na contorna dos 229 euros/MWh, máis do dobre que o exercicio anterior.

Aliás, o prezo medio do mes de marzo rolda nestes momentos os 291,84 euros/MWh, isto é, case 53 euros máis que o promedio de decembro do pasado ano.

Por mor da suba de prezos constante, segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, en 2021 mudaron á tarifa do mercado libre perto de 1,25 millóns de persoas no conxunto do Estado español.

Comentarios