Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 12 de abril

O prezo mínimo desta terza feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo será de 19 a 20 horas.

O prezo da luz subiu multiplicouse por doce no último ano. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O prezo da luz multiplicouse por doce no último ano. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista será esta terza feira de 327,81 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase, de modo semellante ao doutras xornadas, entre as 19 e as 20 horas, con 416,19 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 242,99 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.

Esta terza feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 237,3 euros/MWh.

Deste modo, é 74 euros máis caro que os 163,13 euros/MWh, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta terza feira será 276,4% superior aos 63,04 euros/MWh do 12 de abril de 2021.

Aliás, o prezo medio do mes de marzo fechou en 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

Comentarios