Mar

A UE reduce as capturas da pescada á frota galega no Gran Sol

Fontes do sector sinalaron que o que complicou o acordo, tras unha noite de negociacións, foron as reclamacións de Francia e Italia.

Barcos de frota artesanal na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Barcos de frota artesanal na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).

Os ministros de Pesca da Unión Europea alcanzaron esta terza feira un acordo para a repartición da pesca no Atlántico e o Mar do Norte para 2024 -tamén para 2025 e 2026 no caso dalgunhas poboacións-, e para as posibilidades de pesca no Mediterráneo e o Mar Negro. Así o destacou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a través do seu perfil na rede social X.

O pacto inclúe un aumento de 10,5% das capturas de pescada para o Estado español, até 11.000 toneladas. Se ben o Goberno español cualifica o acordo de “magnífico”, No Gran Sol, a pescada norte veu do pacto cun signo menos diante. Recortouse o Total Admisíbel de Capturas (TAC) 12,5%. O linguado tamén se vai ver reducido nas capturas. Redución de 60 % en Gran Sol e de 17 % en augas ibéricas.

O acordo

Fontes do sector sinalaron que o que complicou o acordo pero sobre todo no caso das capturas no Mediterráneo, xa que tras unha noite de negociacións, foron as reclamacións de Francia e Italia.

Mentres que a Comisión se mantiña "inflexíbel" na súa proposta de reducir os días de pesca en 9,5%, ambos os países tentaron mitigar ese recorte cun aumento dos días de compensación, que finalmente se fixou en 5% se se cumpren dúas das condicións -selectividade, portas voadoras, feche de zonas- e de 6% se se cumpren tres dos requisitos.

Comentarios