Tras semanas de mobilizacións, os mariñeiros do caladoiro mauritano cobrarán as axudas íntegras

O Ministerio de Agricultura e Pesca xa publicou as axudas para os armadores do caladoiro mauritano e a semana que vén daralle luz verde ás destinadas ás tripulacións.
Concentración en Marin en apoio á flota
photo_camera Concentración en Marin en apoio á flota

Tras semanas de mobilizacións e protestas, os afectados lograron do goberno o compromiso de que as indemnizacións terán o mesmo importe que as fixadas para os mariñeiros andaluces.

Cómpre lembrar que, nun principio, a intención do goberno español era que as axudas aos mariñeiros galegos fosen de 37,45 euros diarios e de 45 as que ían recibir os andaluces. 

Iso motivou que afectados galegos pola expulsión do caladoiro desen inicio a unha vaga de mobilizacións a través das cales exixían un pago xusto das indemnizacións. Outra das reclamacións nestas protestas era obrigar a Xunta e Estado a mover ficha para evitar a expulsión dos buques galegos das augas do caladoiro magrebí.

Prexudicados

Por volta de 20 buques galegos resultaron prexudicados co acordo asinado pola Unión Europea con Mauritania. Tras anos faenando nesas augas, a frota cefalopodeira galega foi expulsa delas, senso substituída por barcos doutros países.

Esa decisión xa provocou importantes mobilizacións, como a desenvolvida en Marín hai uns 15 días e en que 2.000 persoas reclamaron nas rúas desta vila un novo acordo entre a Unión Europea e Mauritania que permita o regreso da frota cefalopodeira galega ao caladoiro do país magrebí. 

Comentarios