O goberno español prepara un novo convenio colectivo para Navantia con recortes salariais

O presidente da SEPI afirma que “todos temos que axustar os salarios ultimamente”. Navantia dá emprego directo nos dous estaleiros de Ferrolterra a 2.300 traballadores

Mobilización de Navantia
photo_camera Mobilización de Navantia

Sen dique flotante. Sen flotel. Sen paga extra de Nadal. E, de concretarse o afirmado polo presidente da SEPI no Congreso, cun recorte nos salarios a corto prazo. O cadro de persoal de Navantia está a sufrir unha situación “inaguantábel”, como teñen manifestado representantes do plantel.

Desde a SEPI (Sociedad Estatal de Participaciones Industriales), dependente do Ministerio de Economía, sinálase que a situación da empresa é “difícil e complexa”. O presidente da SEPI, Ramón Aguirre, afirmou que as perdas ían acumulándose e que había que adoptar medidas. E falou de “axuste de retribucións” e de que no marco do plan e competitividade que deseña a empresa, conleva un novo convenio colectivo, que debe se axustar “á situación crítica” de Navantia.

Entre os sindicatos hai preocupación, pois sospeitan que este tipo de medidas, xa de por si dolorosas, poidan supoñer o primeiro paso `para outras máis drásticas, despedimentos incluídos. Ignacio Naveiras, do comité de empresa, xa advertiu: “Terannos enfronte”

Pemex

Na súa comparecencia no Congreso, Aguirre tivo que responder a diversas preguntas dos deputados da oposición, entre eles Olaia Fernández do BNG. O presidente da SEPI dixo que farían xestións en Bruxelas polo dique flotante (após que a UE afirmase hai uns días que non houbera petición oficial por parte do Estado español de facer esta infraestrutura). E, respecto a Pemex, que están á espera de que diga que hai que comezar a construír o flotel en Ferrol. Sen máis.

Comentarios